Na 4ª Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia tiven a sorte de impartir un obradoiro sobre escape rooms dixitais en bibliotecas. A experiencia foi moi satisfactoria e penso que, ademais de pasalo ben, tamén saímos con algunha idea nova. O caso é que varias persoas preguntáronme como fixera para organizar ás participantes, e así ocurréuseme escribir este post por se pode resultar de axuda a alguén máis. Pois ben, cando empecei a pensar no deseño do obradoiro tiña claro que