top of page
  • thebookiller

Obradoiro "Crea un escape room dixital para a túa biblioteca"

Actualizado: 11 nov 2022

Na 4ª Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia tiven a sorte de impartir un obradoiro sobre escape rooms dixitais en bibliotecas. A experiencia foi moi satisfactoria e penso que, ademais de pasalo ben, tamén saímos con algunha idea nova.


O caso é que varias persoas preguntáronme como fixera para organizar ás participantes, e así ocurréuseme escribir este post por se pode resultar de axuda a alguén máis.


Pois ben, cando empecei a pensar no deseño do obradoiro tiña claro que quería facer grupos aleatorios de 4 persoas e quería que cada un deses grupos vivira unha miniexperiencia escape/breakout que combinara o dixital co presencial. Tendo en conta que o tema do obradoiro era crear unha escape dixital, consideraba imprescindible poder interactuar dixitalmente e vivir de primeira man unha pequena experiencia escape e, xa que non iamos ter ordenadores tiña que ser a través dos teléfonos móbiles. E tampouco podía ser demasiado complicada porque Genially está pensado para ordenador e funciona regular en dispositivos móbiles.


Como había 32 asistentes, o que fixen foi deseñar oito mini xogos con Genially todos empezaban do mesmo xeito, aínda que as preguntas, respostas e retos eran diferentes para cada un.

Cada un destes minixogos tiña catro partes diferentes e cada participante xogaría só unha destas partes e isto sería o que levaría a formar o grupo. A cada participante do obradoiro foille entregado un código Qr no que tamén ía anotada unha cor e un contrasinal. Para poder acceder á sección que che correspondía debías elixir a cor que estaba indicada no teu Qr e introducir o contrasinal.

E así había que superar un primeiro reto, que era unicamente para conseguir xuntar cada un dos oito grupos. Nun principio, para formar os grupos, pensaba que se achegaran ata a miña mesa e colleran cintas de diferentes cores pero entón lin como organizou Christian Negre un breakout para 800 participantes e vin que a proposta podía ser moito máis divertida e así se formou, por exemplo, un dos grupos:

A partir de aquí conseguían as pistas para abrir unha caixa pechada con cadeado, aquí aproveitei para deleitarme con outro dos meus vicios, recortar papeis, pegalos, pregalos, darlles formas... e fixen unhas caixiñas monísimas de cartón, forradas con follas dun cómic que atopei na caixa do lixo. Así de monas quedaron:
















Aquí vos deixo un dos oito xogos para que probedes a experiencia vos mesmas. Poño as catro partes do xogo para que podades ver como se chega á solución final que permite abrir unha das caixas. Tende en conta que cada un dos participantes só tiña unha das catro pistas e que era preciso ter as catro para poder solucionar o reto.


Así lucían os Qrs entregados (un por persoa)


Agardo que desfrutedes do minixogo!!


31 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page